top of page

O PAYJ pretende levar a cabo expropiacións necesarias para dotar a Agolada de espazos adaptados a novos usos

"É importante sinalar que as expropiacións recaerán sobre terreos abandonados, algúns por máis de medio século, e en vivendas declaradas ruínas", subliña


Ecos da Comarca/Agolada

O goberno local de Agolada informa que no pleno do pasado vernes, quedou aprobado unha moción presentada polo seu partido, PAYJ, a través da que propón realizar as expropiacións necesarias para dotar a Agolada de espazos adaptados aos novos usos e necesidades e "así revivir o núcleo urbano".

"Vista a necesidade de transformar o núcleo urbano de Agolada nun espazo adaptado ás novas necesidades e usos, vémonos na obriga de realizar expropiacións forzosas, perao oben de todos os veciños e veciñas de Agolada", indica o PAYJ.


Aumentar o cemiterio

Así mesmo, especifica que outra das necesidades deste Concello, é a de aumentar a capacidade do cemiterio municipal. "Na actualidade non hai prazas dispoñibles polo que tamén procederemos a expropiar para aumentalo".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

"É importante sinalar que as expropiacións recaerán sobre terreos abandonados, algúns por máis de medio século e en vivendas declaradas ruínas. Ademais dos sinalados anteriormente outros usos pensados para os espazos expropiatorios serían crear prazas, zonas de aparcamento, unha parada de autobús, zonas verdes e vivendas sociais".

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page