O PAYJ, o partido que fundou o alcalde de Agolada, Luis Calvo, aspira á Alcaldía de Taboada
- Laura Moure
- 29 abr 2023
- 1 Min. de lectura
Francisco Diéguez encabeza a lista e acompáñao no número dous a súa filla Nerea
Laura Moure/Xeral
O actual alcalde de Agolada, Luis Calvo, presentouse por primeira vez ás eleccións municipais deste municipio en 2019 gañando con maioría absoluta. Calvo fíxoo cun partido que el mesmo fundou, o Partido Anticorrupción y Justicia (PAYJ). Ese ano tamén se presentara ás comicios en Lalín, pero agora para o 28M ademais de Agolada este partido aspira a facerse coa Alcaldía de Taboada. Liderando está lista está Francisco Diéguez, quen de número dous leva a súa filla Nerea.

"É a primeira vez que me presento ás eleccións e fágoo con moitas ilusións e con todas as ganas de loitar pola Alcaldía", sinala o candidato quen é moi coñecido no municipio por pertencer a varias asociacións. "Elexín o PAYJ porque non me considero político e tampouco me sinto identificado con ningún partido tradicional e cuxas siglas xa teñen unha historia".
Onte, venres, Diéguez mantivo unha reunión co seu equipo completo, que pretende dar o mellor de si para loitar pola Alcaldía de Taboada. A lista completa é a seguinte:
1. Don FRANCISCO DIÉGUEZ SOBRADO (Independiente)
2. Doña NEREA DIÉGUEZ PORTO (Independiente)
3. Don ANTONIO VÁZQUEZ SAA (Independiente)
4. Don JOSÉ SOUTO NÚÑEZ (Independiente)
5. Doña ISABEL GÓMEZ BLANCO (Independiente)
6. Don ELOY CUÑARRO TABOADA (Independiente)
7. Don JOSÉ ANTONIO LEDO LEDO (Independiente)
8. Doña ANA SOENGAS FERNÁNDEZ (Independiente)
9. Don SANTIAGO VARELA FONTAO (Independiente)
10. Don FRANCISCO LÓPEZ ABELEIRAS (Independiente)
11. Doña ANA SOBRADO ALMUIÑA (Independiente)
Suplentes
1. Don JOSE ANTONIO PORTO VÁZQUEZ (Independiente)

Neste concello lucense optan a Alcaldía un total de catro candidaturas: Ademais do PAYJ, o PP, o PSOE e o BNG.
Comments