top of page

O patrimonio inmaterial do señor Modesto é propiedade intelectual de Xoán Carlos G. Porral

Artigo do xeógrafo lalinense Antonio Presas


Antonio Presas, xeógrafo lalinense

En ECOS DA COMARCA compartimos este artigo autoría de Antonio Presas, xeógrafo lalinense, sobre o veciño de Goiás Modesto que faleceu hai uns días.


O PATRIMONIO INMATERIAL DO SEÑOR MODESTO É PROPIEDADE INTELECTUAL DO ANTROPÓLOGO XOÁN CARLOS G. PORRAL


Entendemos por Patrimonio Inmaterial do señor Modesto, un veciño da parroquia lalinense de Goiás que superou o século de vida, dunha vida chea de acontecementos, toda a información relacionada coas costumes, feitos e acontecementos que transmitiu de forma impóluta ao gran antropólogo galego Xoán Carlos García Porral.

  Xoán Carlos G. Porral, o señor Modesto, Antonio Presas e Celso Fernández Sanmartín no castro de Donramiro.
  Xoán Carlos G. Porral, o señor Modesto, Antonio Presas e Celso Fernández Sanmartín no castro de Donramiro.

Se non houbera quen recollera toda esa extensa información por medios moi variados (grabacións audiovisuais, publicacións en distintos medios, edición de libros e folletos) poderiamos dicir que esa información pasaría ao acervo cultural popular, pero non daría o salto cualitativo de transformormarse en cultura científica de caracter divulgativo. Tanto o que fixo o señor Modesto, un peculiar informante, como o que realizou o antropólogo Xoán Carlos están no nivel do sublime e grazas a ámbolos dous, todo iso formará parte da Nosa Historia, primeiramente da local-comarcal e, por expansión, da nosa Historia Galega, en xeral.


Para o antropólogo Xoan Carlos, o señor Modesto foi unha fonte de información primixenia e non só ten o mérito de habelo descuberto, senón, tamén, a capacidade e audacia que tivo para transmitir todo iso ao publico, á comunidade científica e metelo na Historia e nos manuais de Antropoloxía.

Xoán Carlos G. Porral e o señor Modesto.
Xoán Carlos G. Porral e o señor Modesto.

Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O señor Modesto acaba de falecer, pero a perda do "ente" non significa a perda do "ser", é dicir, faleceu o gran informante, pero o seu testemuño quedou ben recollido, ben estudiado, ben estructurado, ben clasificado e ben gardado.


Eu, como persoa que sempre valorei a Nosa Cultura con total honestidade e sinxeleza, non podo menos ca estar eternamente agradecido a ámbolos dous veciños da aldea de Cotarelo (Goiás), a un por ser unha viva testemuña da nosa Historia, durante un século, e ao outro por ser quen inmortalizou toda esa "sabeduría popular".


Moitas grazas.


Antonio Presas, xeógrafo lalinense.







Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page