top of page

‘O patio da corentena’ e ‘Artista coleccionista’, premios ao disfrace máis orixinal e de grupo do Pino

A Asociación veciñal A Carballeira de Chaián volve triunfar en comparsa e carroza coa súa proposta para conquistar a galaxia


Laura Moure/O Pino

Moita imaxinación e propostas moi elaboradas as que se viron este domingo 2 de marzo no concurso de disfraces de Entroido que organizou o Concello do Pino. Dúas das propostas máis aplaudidas foron as presentadas pola cativada. O patio da corentena, que incluíu os aplausos das oito da tarde na súa coreografía, levou o premio ao disfrace máis orixinal; e o Artista coleccionista e cuadros para alegrar a vista impúxose na categoría de grupo cunha colorida colección que o pintor acabou vendendo sobre o escenario.

A participación máis numerosas no desfile do Entroido do Pino chegou dende Trazo. A Asociación veciñal A Carballeira, de Chaián, volveu levar o primeiro premio na categoría de omparsas e carrozas coa súa proposta para conquistar a galaxia (o ano pasado gañaron coa súa representación das Festas do Apóstolo dos anos 60). A Chaianasa explora a galaxia é o nome da comparsa queconta cun nutrido grupo de astronautas que acompañan á carroza O planeta Chaintra 25, que inclúe na súa posta en escena un vehículo espacial tripulado e o lanzamento dun foguete, que sorprendeu ao público presente na Praza do Concello do Pino.


Pero sobre o escenario do Pino desfilaron elaborados e coloridos disfraces que fixeron rir ao público presente e que levaron moitos aplausos. Foi o caso das dúas gañadoras da categoría infantil, que coincidiron na neve e no frío como temática. A diosa da neve e Xi-Hada levaron o primeiro premio cuns disfraces que sorprenderon o xurado pola minuciosidade e complexa elaboración. O segundo premio na categoría infantil foi para Martiano. En total, o Concello do Pino repartiu 2.300 euros en premios.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Coloridos e divertidos foron tamén os disfraces das Madamas e a súa coreografía, que arrancou moitos aplausos entre o público, nunha tarde na que non faltou a música. O grupo local JB Son encargouse de animar a festa e, como non podía ser doutro xeito, tocaron por primeira vez no Pino e non dubidaron en subirse ao escenario disfrazados de Brancaneves e os seus ananos e ananas.


O alcalde, Manuel Taboada; a concelleira de Cultura, Eva Varela, e membros do equipo de

goberno local entregáronlle os premios aos gañadores e gañadoras.

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page