O Partido Popular de Vila de Cruces lamenta fondamente o falecemento de Ismael Martínez Neira
- ecosdacomarca

- 9 jun 2025
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
O Partido Popular de Vila de Cruces quere expresar publicamente o seu máis sentido pésame polo falecemento de Ismael Martínez Neira, quen foi durante máis de tres décadas unha figura fundamental na vida política e institucional deste concello.

"Ismael foi concelleiro en múltiples mandatos e primeiro tenente de alcalde durante 21
anos, destacando sempre pola súa entrega, sentido do deber e profunda vocación de
servizo público. Foi, ademais, un compañeiro leal, un veciño comprometido e unha persoa que deixa unha fonda pegada en todas aquelas persoas que tiveron o privilexio de compartiren con el traxectoria e proxectos ao longo de tantos anos", subliñan os populares.
Desde o Partido Popular de Vila de Cruces queren trasladar "as nosas máis sinceras condolencias á súa familia, amigos e á veciñanza de Camanzo, parroquia que sempre
levou no corazón e pola que traballou incansablemente".
Publicidade
De xeito especial, o portavoz do Partido Popular de Vila de Cruces, Jesús Otero Varela, quere expresar o seu máis profundo agradecemento e dor pola perda de quen considera o seu pai político. “Foi el quen me animou a dar os meus primeiros pasos na política e quen me acompañou desde o principio cunha xenerosidade e unha confianza que nunca esquecerei. Todo o que son hoxe en política débello a Ismael”, afirmou o portavoz. "O seu legado político e humano permanecerá vivo no recordo de todos nós. Grazas, Ismael, por tanto".







Comentarios