top of page

O Partido Popular de Vila de Cruces denuncia "a falta de formación laboral no Concello"

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

O Partido Popular de Vila de Cruces esixelle ao goberno local que poña en marcha unha oferta formativa "adaptada ás necesidades reais da poboación". "Dende o PP denunciamos que, "mentres outros concellos da comarca de Deza ofrecen cursos como Atención a persoas maiores en institucións sociais;Atención a persoas dependentes; Atención domiciliaria, Vila de Cruces segue sen dar resposta a unha demanda crecente de formación para acceder a empregos no sector sociosanitario".

"É inaceptable que a xente de Vila de Cruces teña que desprazarse a concellos veciños como Silleda para poder formarse en áreas con alta demanda laboral. O goberno de Xuntos non fixo nada para mellorar esta situación, dedicándose en cambio a organizar actividades máis propias dunha asociación sociocultural que dun Concello".


Ademais, lembramlle que "durante os gobernos anteriores deste partido, impulsáronse accións formativas e actividades gratuítas para todas as idades que promovían tanto o envellecemento activo como a integración social. O goberno de Xuntos eliminou estas iniciativas sen ofrecer unha alternativa que garanta o mesmo beneficio para a poboación".



Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O Partido Popular propón que se muden estes cursos a outras propostas, como a posta en marcha de formacións homologadas en atención sociosanitaria, a recuperación das competencias clave para facilitar o acceso a cursos profesionais e a colaboración con entidades de formación acreditadas, cursos de habilidades tecnolóxicas ou dixitais, formación en xestión asociativa, "que permita aos veciños participar activamente na vida social e cultural do municipio ou cursos enfocados en inclusión social e habilidades sociais, para promover a cohesión e a integración entre diferentes colectivos".


Así mesmo, insta ao goberno municipal "a reorientar os recursos destinados a actividades de lecer, complementándoos cunha programación formativa que realmente beneficie á cidadanía dado que se lle vai cobrar por estas actividades. O Concello de Vila de Cruces debe estar ao servizo da xente, facilitando formación real e gratuíta que xere emprego e oportunidades. Mentres outros concellos avanzan, aquí seguimos sen unha estratexia clara. É hora de deixar de lado o postureo e de saquear ós veciños e poñerse a traballar".



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page