top of page

O Partido Galego presentará mañá á persoa que liderará a agrupación local de Melide

Ecos da Comarca/Melide

O Partido Galego (PG) dará a coñecer mañá, sábado 3 de decembro, en Melide á persoa que liderará a agrupación local neste municipio. "O concello de Melide ten especial significado para o PG, pois foi nel onde realizamos o acto de presentación pública para toda Galicia o 12-12-2020 cadrando no 500 aniversario da Xunta de Melide, un fito na historia de Galicia", recalca esta formación.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

"Neste acto de presentación darase a coñecer a persoa que vai liderar a agrupación, a que vai coordinar a conformación dunha candidatura electoral que pretende aglutinar persoas de diferentes sectores sociais económicos e das parroquias deste concello. Tamén se van dar a coñecer as principais liñas estratéxicas de traballo para recuperar Melide como o concello de referencia na contorna", adianta.


O acto de presentación terá lugar mañá ás 12:00 horas na sala de conferencias do Multiusos de Melide.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page