top of page

O parque infantil da Praza da Igrexa de Silleda, pechado polo estado fitosanitario das árbores

As análises extraordinarias encargadas polo Concello de Silleda certifican que a calidade da auga da traída é excelente


Laura Moure/Silleda

O Concello de Silleda vén de pechar o acceso ao parque infantil da praza da Igrexa de Silleda por motivos de seguridade, derivados do mal estado das árbores existentes nesta área. O pasado mes de setembro, despois da caída dunha pola de grandes dimensións e das observación realizadas polo personal do servizo municipal de xardinería durante a sua retirada, dende o Concello de Silleda procedeuse á tala completa dunha árbore e á poda de varias ramas para evitar situación de perigo. Á vista da situación, solicitouse un informe á Estación Fitopatolóxica de Areeiro, dependente da Deputación de Pontevedra, para revisar o estado das Acacias longifolias. Logo das visita dos técnicos, comprobouse que ademais de ter un dos pés parcialmente secos os exemplares tamén estaban afectados, con “deficiencias moi visibles e aparentes”.


Así, e tendo en conta a ubicación das árbores, nun espazo moi transitado e utilizado como é o parque infantil, ademais da análise visual tomáronse mostras para a análise fitopatolóxica no laboratorio. Do resultado do informe, con observación detalladas de cada un dos 5 exemplares de acacia, despréndese que todas elas está afectadas por fungos patóxenos, poñendo en risco de caída ás árbores, -sobre todo en circunstancias como os cambios de temperatura bruscos, situación que se dá estes días.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

“Á vista do perigo que supón e do risco de caída, o Concello de Silleda decidiu pechar o acceso a este espazo á espera de que se executen as medidas advertidas no informe e toda vez que o Concello xa eliminou hai varios meses algunhas das ramas máis perigosas e talou unha das ábores ”, explica o alcalde, Manuel Cuiña. O mal estado e a gran afección das árbores (afectadas nalgún caso por 2 fungos diferentes), fai que no informe se recomente a tala de todos os exemplares eliminándoas polo pé e nalgún caso retirando tamén raíces e tocón.


Entre os fungos atopados figuran o Ganodema adspersum; Fusarium oxysporum; Fusarium solani, e Stereum hirsutum. Dende o Concello de Silleda axilizarase a tala advertida pola Estación Fitopatolóxica para poder dar solución no menor prazo de tempo posible a esta situación e poder abrir o parque ao público canto antes.


Estado da auga

Por outra banda, o Concello de Silleda conta xa cos resultados da analítica extraordinaria e urxente encargada a semana pasada a raíz das queixas veciñais en distintos foros das Redes Sociais que relacionaban a calidade da auga con avarías en caldeiras de domicilios. Así, o pasado xoves tomáronse tres mostras noutros tantos puntos da rede da traída municipal: á salida da Estación Potabilizadora de Aguas (ETAP) ubicada no Marco (Siador), na praza Benito Rivas de Silleda, e no final, da rede, á altura do polígono industrial Área 33.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

O resultado das analíticas certifica que a calidade da auga é excelente, con valores nos dous casos analizados moi por debaixo dos límites establecidos.


Así, no caso da turbidez (dato co que xa contaba a semana pasada cando o Concello emitiu un comunicado advertindo da boa calidade do servizo), os datos acadados foro de 0,5 UFN (Unidade nefelométrica de turbidez) na salida da ETAP (cando o máximo é de 1); e de 0,45 UFN na praza Benito Rivas e 0,5 no polígono, sendo o máximo nestes puntos da rede de 5.



Á vista das queixas, dende o Concello pediuse a maiores unha análise dos sólidos en suspensión da auga, parámetro que non se esixe para augas de consumo humano (só no caso de verquidos e augas residuais) tamén con resultados que apuntan a excelencia da auga de Silleda, procedente do manacial de Monte Penido, en Siador. Segundo o laboratorio, para cuantificar os sóligos precisase ter un máximo de 5 miligramos por litro, estimándose que no caso de Silleda estarían en 2 mg., dato moito menor que apunta tamén a boa calidade da traída silledense.


Aínda así, e pese a que esta analítica e todas as que se envían periodicamente -como é preceptivo por Lei- ás autoridades sanitarias, dan bos resultados, á vista das queixas dos usuarios, dende o Concello anímase á veciñanza que vira afectadas as súas caldeiras a presentar unha reclamación en Consumo. “A día de hoxe non temos ningunha queixa por escrito no Rexistro Municipal por esta cuestión, pero seguiremos indagando, e en todo caso animamos á xente a que presente reclamación ante consumo, por se o problema estivese nas propias caldeiras”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.


Todas a rede de PVC

Ademais dos resultados analíticos que confirman a excelente calidade da auga de Silleda, dende o Concello advírtese que o Servizo de Augas é dos departamentos que apenas rexistran queixan , cun servizo de atención as 24 horas. A maiores da calidade da auga, Silleda é tamén dos poucos municios que conta cunha rede de tuberías íntegramente de PVC, logo de substituirse nos últimos anos os poucos tramos que aínda quedaban de fibrocemento.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Dende o servizo, tamén se amosa a sorpresa por aseveracións feitas nos últimos días sobre posibles filtracións de lodos ás tuberías, tendo en conta que funcionan en carga e a presión.


Por último, dende o Concello de Silleda faise un chamamento á prudencia para evitar crear alarma entre a poboación sobre un servizo tan serio e que afecta á saúde pública como é o abastecemento de auga, evitando ademais acusacións sen ningún tipo de probas.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page