Este dá servizo ás comarcas de Arzúa e Terra de Melide ademais do concello de Vilasantar
Ecos da Comarca/Arzúa
O parque de Bombeiros de Arzúa permanece hoxe, martes, 9 de xullo de novo pechado, tal e como informan os propios bombeiros. Cabe mencionar que pasou o mesmo o pasado venres, 5 de xullo, con todo o que isto supón. Quedan sen servizo todos os concellos das comarcas de Arzúa e Terra de Melide así como o municipio de Vilasantar.
Publicidade
Deste xeito, se algo pasa na comarca de Arzúa e Terra de Melide teñen que vir por exemplo, os Bombeiros de Ordes ou de Betanzos, co que o tempo de resposta incrementase en 40 minutos máis do habitual.
Publicidade
Cabe mencionar que os Bombeiros levan tempo en loita para mellorar as súas condicións laborais.
Comentários