top of page

O parking da rúa Condes do Deza pechará na xornada de xoves e venres por tarefas de mantemento

Ecos da Comarca/Silleda

O Concello de Silleda comunica á veciñanza que o aparcamento municipal situado na mazá formada polas rúas Progreso, Condes do Deza e Morón permanecerá pechado ao público o xoves día 21 e venres 22 durante todo o día por traballos de limpeza e

mantemento deste espazo.


Publicidade

Este espazo de aparcamento públicohabilitouse nesta céntrica mazá grazas ao convenio asinado ca propiedade dos terreos, ofrecendo un novo servizo á veciñanza. O parking conta con 60 prazas que se suman ás outras 40 gañadas co estacionamento en batería nas dúas marxes de Condes do Deza.


Publicidade

A entrada ao novo parquin realízase polo tramo de Morón, onde se colocarán sinais para avisar do peche do mesmo durante as dúas xornadas a fin de realizar as tarefas de mantemento.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page