top of page

O palense Luis Vilariño intentará revalidar o triunfo no Bierzo

Estará entre os favoritos da cita inaugural do Campeonato de Castilla y León de Rallies de Asfalto


Laura Moure/Palas de Rei

Aproveitando as semanas de descanso antes do arranque de tempada, a dupla galega, formada polo palense Luis Vilariño e David Míguez, subirase esta fin de semana no Skoda Fabia R5 para disputar a trixésima primeira edición do Rallye do Bierzo. A cita organizada por Team Repauto servirá como test previo ao proxecto deportivo do piloto de Palas de Rei para a presente tempada.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

A cita berciana arrincará do mesmo xeito que a pasada edición cun tramo urbano na localidade de Ponferrada na noite do venres, que servirá de previa ás catro especiais a dobre pasada que se disputarán ao longo do sábado. Luis Vilariño ten ganas de volver competir a bordo do Skoda Fabia R5 para tentar sumar outro triunfo.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

“Esta tempada competiremos coa marca de pneumáticos que calzará o Campionato do Mundo de Rallies a partir de 2026, regresamos a Hankook, con quen xa competimos ao máximo nivel tanto estatal como autonómico no pasado, e por iso estamos agradecidos a Tyre Motorsport por apoiar o noso proxecto deportivo. O obxectivo é coller ritmo e tentar repetir a vitoria que logramos a pasada tempada, contamos cun vehículo moi fiable, que xa coñecemos e co que somos capaces de manter un bo ritmo, así que imos pelexar polo banzo máis alto do podio. Nesta cita, contaremos con David Míguez no asento da dereita, o que é unha garantía de profesionalidade nas tarefas de copilotaxe", sinala.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

"Actualmente aínda estamos a pechar diferentes acordos, polo que o noso calendario para 2024 aínda non está pechado, aínda que imos tentar competir tanto en Galicia como a nivel estatal", engade.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page