top of page
Foto del escritorLaura Moure

O palense Luis Vilariño estrenará o seu Skoda Fabia R5 no Ribeira Sacra

O piloto intentará pelexar por un bo resultado aos mandos do seu novo vehículo


Laura Moure/Palas de Rei

Tras o parón estival, e aínda recuperándose dunha lesión sufrida durante as vacacións, será como afronte Luís Vilariño a antepenúltima proba do certame autonómico, no que o piloto de Palas de Rei sumou varios podios na primeira metade da tempada. Como principal novidade, Vilariño contará cun Skoda Fabia R5 adquirido tras a venda da súa Hyundai i20 R5.

A cita ourensá, de case 90 quilómetros cronometrados celebrarase en dúas xornadas, con oito especiais planificados para o sábado tras disputar a emblemática Subida a Castro de Beiro na tarde/noite do venres. Luís Vilariño analizaba as súas sensacións antes da fin de semana.

Publicidade

“Chegamos con ganas de pelexar por un bo resultado, competimos novamente cun Skoda Fabia R5, un modelo co que logramos grandes resultados nas últimas tempadas, así que somos optimistas para volver pelexar polos postos de honra. O noso obxectivo para esta fin de semana é recuperar sensacións e gozar dunha carreira que sempre nos gustou e onde non conseguimos a vitoria, pero si senllos podios nas nosas dúas participacións. Trátase dunha carreira con tramos espectaculares, con moitos cambios de ritmo e zonas moi técnicas, polo que é unha boa forma de volver competir tras estes meses de parón".


Publicidade

E o piloto palense engade que "esperamos poder pelexar por un podio, aínda que sabemos que será difícil polo gran nivel que hai no Campionato Galego de Rallies esta tempada, ademais de que chegaremos con algunhas molestias físicas que esperamos non nos impidan gozar da carreira, ao que hai que sumar que non puidemos probar a nosa nova montura, polo que o primeiros test serán no primeiro tramo da fin de semana.”


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page