top of page
Foto del escritorLaura Moure

O palense Luis Vilariño e David Míguez gañan o Rally del Bierzo 2024

Laura Mouer/Palas de Rei

O palense Luis Vilariño gaña o Rally del Bierzo sendo o seu segundo triunfo consecutivo. Fíxoo co seu copiloto David Míguez. Jonathan Rodríguez e Jahaciel Prada quedaron segundos e o terceiro posto foi pola dupla Borja Rodil e Carlos Álvarez.

Do mesmo xeito que na pasada tempada, Luis Vilariño subiu todo o máis alto do podio no Rallye do Bierzo, primeiro rallye da tempada para o piloto palense, a quen acompañou David Míguez no asento da dereita do Skoda Fabia R5 do equipo Vilariño Team. A cita berciana estivo dominada de principio a fin pola dupla galega, que non deu opción algunha aos seus rivais marcando seis scratchs dos nove tramos disputados entre as xornadas de venres e sábado.


Publicidade

Luis Vilariño mostraba a súa alegría pola vitoria: “Tivemos unha gran fin de semana, a adaptación aos novos pneumáticos foi fantástico, os compostos de Hankook foron unha garantía nos tramos bercianos, axudándonos a ter a confianza necesaria para asumir un bo ritmo de carreira. Ademais, David Míguez realizou un gran traballo, demostrou o profesional que é como copiloto e espero que podamos gozar de grandes carreiras ao longo da tempada".


Publicidade

"Quero dar as grazas a todos os patrocinadores, así como a Costas Racing, quen tivo o noso Skoda Fabia R5 en perfectas condicións para poder sumar este triunfo que nos dá moral para as seguintes carreiras nas que participaremos. Polo momento non pechamos o noso proxecto para a presente tempada, pero seguramente compitamos a nivel nacional e autonómico, queremos realizar un bo papel e por iso é importante empezar a coller ritmo canto antes.”


0 comentarios

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page