O palense Luis Vilariño disputará o Rallycross Miranda de Ebro
- ecosdacomarca
- 29 nov 2023
- 1 Min. de lectura
Competirá na última cita do Campeonato de España de Rallycross
Ecos da Comarca/Palas de Rei
Luis Vilariño completará a súa tempada esta fin de semana, aproveitando a dobre cita coa que o certame nacional de rallycross decidirá aos seus novos campións. Na cita mirandesa, o piloto de Palas de Rei competirá a bordo dun vehículo da categoría N5, mantido polo preparador RMC Motorsport, co que Vilariño proclamouse Campión Galego de Rallies.

Ao longo de toda a fin de semana realizaranse diferentes quendas ao sprint, nas que os pilotos loitarán ao segundo para finalmente chegar á gran final na mellor posición posible, nesta disciplina a emoción está á orde do día, xa que á velocidade engádeselle un chisco de estratexia ao ter que realizar unha “joker lap” en cada quenda, polo que elixir o momento adecuado para pasar pola devandita zona é tamén clave á hora de lograr un bo resultado. ctante ant
Publicidade
Luis Vilariño, expee a súa primeira cita nesta categoría: “Esta tempada queriamos competir dalgunha forma en circuítos, e finalmente farémolo neste certame, que nos ofrece a oportunidade de competir en terra e asfalto, xa que o trazado é mixto. Ademais, farémolo cun vehículo de prestacións similares aos que adoitamos utilizar, polo que a adaptación será máis sinxela nese sentido. O Rallycross é unha disciplina moi espectacular, na que a loita da túa á túa no circuíto co resto de vehículos fai que haxa que dar o máximo en cada quenda. Esperamos vivir unha boa fin de semana de carreiras, no que tentaremos pelexar por un bo resultado para pechar a tempada co mellor sabor de boca posible.”
Publicidade
Comments