top of page

O palense Luis Vilariño corre no Campionato de Castela e León de Rallies de Asfalto


Laura Moure/Palas de Rei

Aproveitando as semanas de descanso antes da seguinte cita do certame autonómico galego, a dupla galaico asturiana, formada por Luís Vilariño, de Palas de Rei, e Enrique Velasco, subirase esta fin de semana no Hyundai i20 R5 para disputar a trixésima edición do Rallye do Bierzo.

A cita organizada por Team Repauto servirá como test para as seguintes probas do proxecto deportivo do piloto palense para seguirse adaptando ao vehículo que esta fin de semana lucirá o número 1. A cita berciana contou cun tramo urbano na localidade de Ponferrada onte pola noite, antes dunha xornada do sábado na que se celebrarán catro tramos a dobre pasada para completar un percorrido de algo máis de cento catorce quilómetros cronometrados.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Luís Vilariño, contento de poder competir nesta cita, comentaba as súas sensacións: “É un pracer poder saír nunha cita tan emblemática como é o Rallye do Bierzo e poder competir cos mellores equipos de Castela e León, que van ser uns rivais moi fortes esta fin de semana, polo que teremos que dar o mellor de nós para tentar pelexar pola vitoria. O noso obxectivo é aproveitar ao máximo esta fin de semana para seguir mellorando o noso ritmo co Hyundai i20 R5, co que conseguimos rodar en tempos de cabeza na última cita do Campionato Gallego, así que queremos seguir con esa liña ascendente. Imos pelexar pola vitoria, aínda que sabendo que non podemos cometer o mínimo erro, xa que a seguinte fin de semana teremos unha cita do autonómico galego onde estamos a centrar boa parte dos nosos esforzos esta tempada.”

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page