Xunto ao asturiano Enrique Velasco, acabaron na sexta posición da xeral e rozando o podio, cunha cuarta posición, entre os vehículos da categoría R5/Rally2
Ecos da Comarca/Palas de Rei

Fin de semana intensa para Luís Vilariño e Enrique Velasco a bordo do Hyundai i20 R5 xestionado por Prol-Driver Motorsport na Coruña, a cita inaugural do Campionato Galego de Rallies foi moito máis difícil do esperado para todos os equipos participantes, o que esixiu o máximo de cada un deles para tentar chegar ao parque pechado final situado na Praza de María Pita, onde achegáronse un gran número de afeccionados tanto na xornada do venres para gozar da cerimonia de saída como no serán de onte para a entrega de premios. A dupla Vilariño – Velasco conseguiu superar a cita, acabando na sexta posición da xeral e rozando o podio, cunha cuarta posición, entre os vehículos da categoría R5/Rally2.
O piloto de Palas de Rei Luís Vilariño analizaba o resultado obtido: “O equipo realizou un traballo impresionante. Probamos multitude de reglajes durante toda a fin de semana, porque era nosa primeira carreira co Hyundai i20 R5, que ademais foi máis complicado do esperado, porque os tramos da mañá estaban húmidos e con moitas sucidades. O coche é realmente competitivo e debemos traballar para sacarlle o máximo partido e poder pelexar polos postos de cabeza. Completar esta edición do 27ou Rallye da Coruña foi realmente satisfactorio, pois era fácil cometer erros, pero soubemos xestionar a presión para chegar ao parque pechado final".
Ademais, sinala que "aquí, ademais, subíase connosco por primeira vez Enrique Velasco no asento da dereita, que nos demostrou porque é un dos mellores copilotos de España. Estivo perfecto e a adaptación foi realmente boa e rápida. Creo que, xuntos, conseguiremos grandes resultados. Gustaríame dar as grazas a todos os nosos patrocinadores polo seu apoio, do mesmo xeito que a todos os afeccionados que esta fin de semana estiveron animándonos desde as cunetas, o ambiente foi incrible.”
Comments