top of page

O palense Luis Vilariño arranca a loita polo nacional en La Llana

O piloto compitirá nacita inaugural da Copa de España de Rallies de Asfalto a bordo do seu Skoda Fabia R5


Ecos da Comarca/Palas de Rei

Esta fin de semana darase o pistoletazo de saída a unha nova edición da Copa de España de Rallies de Asfalto, na que o palense Luis Vilariño xunto a David Míguez tentarán facerse co certame a final de tempada. A dupla galega competirá para iso esta fin de semana no Rallye de La Llana, con epicentro na localidade catalá de Ripoll, onde haberá 19 rivais no certame nacional do case centenar de equipos rexistrados, nunha proba que estará dividida en dúas etapas cun total de 11 tramos.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.

 Luis Vilariño comentaba as súas sensacións na previa a desprazarse á localidade catalá: “Chegamos con moita ilusión e motivación, e iso axudaranos a paliar unha doenza física que nos impedirá afrontar ao cento por cento a proba. O noso obxectivo é tentar pelexar polo mellor resultado posible e sumar a maior cantidade de puntos posible ao noso casilleiro. Sabemos que vai ser unha fin de semana complicada, xa que sufrimos unha rotura de fibras no sóleo do xemelgo esquerdo, polo que teremos que forzar un pouco a perna dereita para axudarnos nas freadas".


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Así mesmo sinala que "esta tempada hai rivais de bastante entidade na Copa de España de Rallies de Asfalto, e iso motívanos para tentar facer un bo papel, ademais os pilotos locais poñeránnolo moi complicado nesta cita, así que teremos que dar o máximo para tentar estar nos postos de cabeza. Non puidemos aproveitar a xornada de test desta semana, e estivemos traballando co noso preparador físico ata o último momento. O importante é completar a proba, sumar un bo botín de puntos e despois recuperarnos fisicamente para xa pelexar pola vitoria na seguinte cita.”



Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page