top of page

O palense Álvaro Villasante gaña o premio ao mellor cociñeiro de tapas de Galicia

Laura Moure/Palas de Rei

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou esta semana na edición número VII da Gala Showcooking de tapas por Galicia, onde o xurado profesional escolleu ao veciño de Palas de Rei Álvaro Villasante do Paprica de Lugo coa tapa “Bonito, morrón, cebola e paixón” como mellor cociñeiro de tapas de Galicia. O outro gañador foi Álvaro Pérez de ArteSana Gastrobar situado en Santiago de Compostela, que se fixo co premio do público grazas á tapa “Queixo”.

A disputa estivo entre sete petiscos, sete cociñeiros e sete cidades: Sheila Martínez do restaurante Roots (A Coruña) con “Gyoza de chocos na súa tinta”; Álex M. Bacelo e Mar Lago do Bacelo (Ferrol) con “bocado de aldea”; Beatriz Alcalá de La Zapatería del Abuelo (Ourense) con “CANTA Castaña”; Ana Vilar da Cervexaría Leria (Vigo) con “Xema na Fraga”; Rubén González de El Cafetín de la Alameda (Pontevedra) con “Vacalao Do cru ao cocinao”; Álvaro Villasante do Paprica (Lugo) con “Bonito, morrón, cebola e paixón” e Álvaro Pérez de ArteSana Gastrobar (Santiago de Compostela) con “Queixo”. Cada chef dispuxo dun máximo de sete minutos para rematar a súa tapa no escenario.


Esta gala concibiuse como un evento de cociña en directo que serve de colofón final para os diferentes concursos de tapas postos en marcha nos últimos meses na Comunidade galega e nos que a Administración autonómica pon en valor o alto potencial do turismo urbano e enogastronómico á hora de configurar unha oferta turística de calidade.

De tapas por Galicia enmárcase no obxectivo da Xunta por difundir e enogastronomía da nosa Comunidade así como a calidade e a posta en valor do traballo levado a cabo polos cociñeiros galegos como elemento de promoción do turismo urbano. Ten en conta tamén o feito de que os visitantes buscan de maneira habitual o achegamento á cultura galega a través da enogastronomía, onde a cociña en pequeno formato é unha opción cada vez máis valorada en calquera época do ano permitindo así tamén profundar no compromiso da desestacionalización.

Preme na imaxe para acceder á web desta empresa.

Neste senso, a directora de Turismo de Galicia puxo en valor esta actividade como complemento a estratexia levada a cabo dentro do Plan Territorial de Enogastronomía que se desenvolverá en Galicia no horizonte 2023-2025 e cuxa finalidade engloba actuacións nas catro provincias buscando así a promoción da nosa Comunidade como destino enogastronómico de primeiro nivel, poñendo en marcha actuacións transformadoras en diferentes áreas do territorio.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

O Concello de Palas de Rei felicita ao seu veciño. "Esta é a segunda vez, que Álvaro Villasante gaña o concurso de tapas de Galicia, que pon o punto de mira agora, no campeonato de España de Tapas. Moito ánimo!".

留言


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page