Recolleu esta pasada fin de semana en Barcelona o galardón que lle acaba de outorgar a Federación de Asociacións de Implantados Cocleares de España (AICE)
Laura Moure/Palas de Rei

O xefe do Servizo de Otorrinolaringoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, o palense Andrés Soto, recolleu esta pasada fin de semana en Barcelona o galardón que lle acaba de outorgar a Federación de Asociacións de Implantados Cocleares de España (AICE), nunha gala na que foi distinguido xunto a outras personalidades e entidades e tal e como informa o Concello de Palas.
Publicidade
Os implantes cocleares son uns dispositivos que se colocan dentro do oído interno dun paciente, cos que se pode restaurar casi ao cen por cen a audición. A entidade nacional reconócelle así, a súa labor múltiple combinando a dirección do Servicio de otorrinolaringoloxía coa docencia como profesor titular na USC, así como, o seu liderazgo na investigación médica en España.
Publicidade
O Concello de Palas de Rei trasládalle os parabéns a Andrés Soto por dito galardón, que recoñece a nivel nacional a este veciño de Palas de Rei, polo seu traballo como clínico, docente e investigador.
Comments