O alcalde resalta que medra un 25% respecto ao orzamento actual e que dedica a investimentos o 46,1%, priorizando o mantemento da rede viaria e prevendo unha partida para a residencia por se a Xunta resolve concedela
Ecos da Comarca/Dozón
O goberno local de Dozón aprobará no pleno do vindeiro luns o orzamento municipal para o exercicio de 2023, que baterá un novo récord ao alcanzar por primeira vez na historia a cifra de 2.000.000 euros. Trátase do terceiro proxecto orzamentario elaborado por Adolfo Campos Vázquez como alcalde e medra un 25% (400.000 €) respecto ao do ano en curso.
Como principal rasgo destes orzamentos, o rexedor local resalta que dedican a investimentos un total de 922.610,52 euros, o que representa o 46,1% dos orzamentos
e unha subida do 24,4% respecto ao orzamento en vigor. “Estamos a marcar un novo
récord de investimentos en Dozón e podemos asegurar que somos o concello máis
investidor da provincia de Pontevedra, tanto en porcentaxe do orzamento adicado a
investimentos como na ratio de investimento por habitante, con 892 euros por
veciño”, explicou.
En canto ao destino destas partidas, Adolfo Campos precisou que maioritariamente
destinaranse ao mantemento e conservación da rede viaria, pero tamén contémplase
unha partida específica para a futura residencia de anciáns “por se a Xunta de Galicia
resolve concedela”. “No caso de que non sexa así, reorientaríase o importe deses
investimentos a outras actuacións”, precisou o alcalde.
Adolfo Vázquez sinala que o feito de destinar a investimentos o 46,1% do gasto orzamentario débese ao “gran esforzo na contención do gasto corrente e de persoal, a pesares da inflación dos prezos dos últimos meses” e á “gran capacidade de xestión do goberno local, que non incrementa a carga fiscal e logra captar importantes investimentos doutras Administracións”.
Comments