top of page

O novo programa 'Coñece o teu concello' pecha os Encontros culturais de inverno de Arzúa

A iniciativa está pensada para que os escolares coñezan pouco a pouco todas as parroquias deste municipio


Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura de Arzúa continúa levando a cabo os actos da nova programación que artellou para os primeiros meses de ano baixo o título de Encontros culturais de inverno. Esta inédita programación, que pretendía ser un lugar de encontro para as noitiñas de inverno con cine, música, literatura e actividades nas parroquias, chega ao seu fin para este 2025 hoxe, venres, coa posta en marcha dun novo programa chamado Coñece o teu concello.

A iniciativa, pensada para que os escolares coñezan pouco a pouco todas as parroquias do municipio, a realidade e as potencialidades do noso territorio, arrinca cunha visita a Pantiñobre na que un total de 50 alumnas e alumnos de 6º de Primaria e 1º da ESO do CEIP de Arzúa e do colexio Nosa Señora do Rosario achegaranse a descubrir esta parroquia.


Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Visitarán á igrexa de Santo Estevo e alí farán un encontro con Alejandro Vidal, membro da Asociación de Campaneiros de Galicia. Percorrerán un fragmento do Roteiro das Corredoiras traballando aspectos relacionados coa toponimia, o patrimonio etnográfico e as explotacións forestais e gandeiras. Adentraranse na capela de San Xoán, admirarán os exteriores do pazo de Pedride e visitarán Casa Assumpta e Casa Donicio como modelos alternativos de explotación no rural.


Para finalizar, farase unha posta en común no local social antes de regresar para os centros escolares.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O concelleiro de Cultura, José Luís García, di estar “moi satisfeito por poder sacar adiante este proxecto, unha aposta moi persoal para que as novas xeracións poidan coñecer a historia, cultura e patrimonio do noso rural, así como descubrir todas as posibilidades de futuro que nos ofrece”. Tamén quixo “agradecer a colaboración dos centros educativos para que esta iniciativa poida levarse a cabo”.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page