top of page

O Nocedarock celebrarase nesta parroquia lalinense os días 14 e 15 de xuño

Está organizado pola Asociación Cultural Bolarqueira de Noceda


Laura Moure/Lalín

Chega o mes de xuño e con el unha cita ineludible no rural: o Nocedarock, que alcanza a súa novena edición, un festival que sigue apostar por achegar a cultura e música galega ao rural. Coma todos os anos, a Asociación Cultural Bolarqueira de Noceda, de Lalín, pon en marcha, nesta ocasión o 14 e 15 de xuño, un festival para o goze de todas e todos.

"Este ano comezamos a tarde do sábado co II Aberto de Billarda ás 17:00 horas. A música na Carballeira de Lamas comenza ás  20:45 horas coas actuacións de SÉS, LOITA AMADA, MARELA, SEITURA e nos cambios de grupos actuación de Manu KasoAparte", adiantan dende a asociación.


Xa na xornada do domingo a sesión vermú correrá a cargo de Factoria de Subsistencia liderada polo actor Josito Porto. Unha vez rematada actuación haberá como novidade un Xantar Popular no que todas as persoas que queiran participar poden retirar a súa entrada en Panadería Casa Vales, Taberna Alola ou no mail xuventudebolarqueira@gmail.com. O menú estará composto por empanda, churrasco mixto, postre, café e licores e o prezo será para os adultos de 26 euros e para os nenos, 15.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Xa pola tarde, terá lugar o NocedaRock MIÚDO con xogos a cargo de SORORAS e co espectáculo de infantil de Peter Punk . O peche  do festival será a cargo da grupo de punk/folk Bestas.


"Ademais das propostas de food- truck ,no propio festival contarase cun espazo de artesanía.  Como cada ano támen se pode mercar merchandising para colaborar co festival. En definitiva, teremos unha fin de semana repleta de actividades para dinamizar a aldea e o rural, nunha contorna  privilexiada como é o espazo natural da Carballeira de Lamas", recalca o colectivo.  






Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page