top of page

O Nadal de Arzúa inclúe a celebración de AstroGalicia

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Terá lugar os días 21 e 22 de decembro con charlas, obradoiros, exposicións e outras actividades co fin de achegar a astronomía a todos os públicos


Laura Moure/Arzúa

O Departamento de Cultura do Concello de Arzúa presentou esta semana a programación de Nadal 2024-2025 con diferentes propostas como concertos, teatro, maxia, actividades infantís e exposicións. Unha das novidades deste ano é a celebración por primeira vez en Arzúa de AstroGalicia.

AstroGalicia conforma un espazo de lecer e divulgación científica ao redor da astronomía. Organizada co apoio de todas as asociacións galegas de amadores da astronomía, ábrese á sociedade para que calquera persoa interesada se poida achegar a esta ciencia.


O evento, calificado como a festa galega das estrelas, celebrarase no Multiusos Terra do Queixo de Arzúa os días 21 e 22 de decembro con diversas actividades encamiñadas a achegar a astronomía a todos os públicos. Durante toda a fin de semana sucederanse obradoiros, charlas, seminarios, exposicións e observacións. As charlas, impartidas sempre por astrónomos ou astrónomas profesionais en activo, teñen un nivel divulgativo e son de acceso libre. A maiores, as persoas inscritas poden participar en obradoiros de diferentes niveis dende a iniciación á astronomía a seminarios de nivel avanzado.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

AstroGalicia é organizado polo proxecto Ceos Galegos e conta co apoio das asociacións AstroVigo, Asociación Astronómica Rías Baixas, Club Compostelán Vega de Astronomía, Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, Asociación Astronómica Sirio e a Asociación Galega para a Comunicación e a Cultura Científica e Tecnolóxica.


Esta edición de 2024 é patrocinada polo Concello de Arzúa e conta coa colaboración do C.R.D.O.P. Arzúa-Ulloa e da Fundación Ciencia, Ceo e Cultura. Pódese consultar toda a información actualizada na páxina web ceosgalegos.com 

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page