top of page

O Museo da Terra de Melide xa abriu as súas portas ao público e estrea así a tempada 2022

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Melide

O Museo da Terra de Melide xa inaugurou a súa tempada 2022 e abríu as súas portas ao público como cada mes de maio.


Avanza que xa ten en mente distintas actividades programadas, entre elas xa agarda a varios grupos de colexios da contorna, asociacións de veciños, alumnado dunha Escola de Arte... Ademais, está deseñando a programación de Roteiros por Melide. "Pero coa necesidade de adaptarse ós novos tempos nestes últimos dous anos, tamén continuamos coas seccións virtuais e preparando novas, xa que a actividade dun museo vai máis alá das súas salas (aínda que a visita ó museo debe ser a fundamental e primeira). A vindeira semana iremos anunciando as actividades deste mes no que se celebran o Día das Letras Galegas e o Día Internacional dos Museos", avanzan dende o museo.


Komentarze


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page