top of page

O municipio do Pino rexistrou unha colisión entre dous vehículos que se saldou cun ferido leve

Ecos da Comarca/O Pino

O Centro Integrado Atención Emerxencias (CIAE) 112 Galicia foi alertado polos Servizos Sanitarios ás 9:48 horas deste martes porque se produciu un accidente no municipio de O Pino. En concreto, foi unha colisión entre dous vehículos no lugar de A Brea, na parroquia de Cerceda ( na pista dirección á queixería), tal e como informa o 112 Galicia.


O 112 avisou á Garda Civil de Tráfico e simplemente informou aos bombeiros de Santiago e Arzúa porque non había ninguén atrapado. Nun dos vehículos viaxaba unha persoa adulta e un menor e só o adulto se queixaba dunha leve dor, tal e como apunta o 112 Galicia.

Foto de arquivo.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page