Silleda seguirá no medio, como os demais municipios das catro comarcas. E o resto de medidas que afectarán aos vindeiros días perfilaranse mañá

A lagoa de Sobrado.
Autor: Ecos da Comarca
Laura Moure/Sobrado dos Monxes
O comité clínico de expertos que asesora á Xunta de Galicia na xestión da crise sanitaria provocada polo coronavirus acordou, na reunión mantida esta tarde, que desde o vindeiro venres rexan as medidas do nivel máximo de restricións nos municipios de Viladevós, Paradela e Maside.
Así mesmo, a asemblea de especialistas determinou o establecemento do nivel alto de restricións noutros sete concellos galegos, nomeadamente, nos termos municipais de Sobrado, Soutomaior, Boborás, A Mezquita, Pontecesures, Neda e Arteixo.
Nos restantes municipios da comunidade galega rexerán as medidas fixadas no nivel medio. Nesta listaxe manterase Silleda, a pesar dos 39 casos, pero 36 son da residencia de maiores. De feito, dende a Alcaldía deste Concello solicitarase ao Comité clínico da Consellería de Sanidade que non se tivera en conta estes casos á hora de establecer restricións, dado que se trata de persoas que non interactúan socialmente co resto dos habitantes.
No referido a outras medidas, perfilaranse mañá nunha reunión encabezada polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e sobre as que informará na posterior rolda de prensa.
O conxunto de medidas acordadas polo comité clínico entrarán en vigor ás 00,00 horas do próximo venres, 19 de marzo.
Commenti