O municipio de Melide rexistra unha colisión entre un autobús escolar e unha furgoneta
- ecosdacomarca
- 12 nov 2021
- 1 Min. de lectura
O accidente tivo lugar na parroquia de Santalla
Ecos da Comarca/Melide
A parroquia melidense de Santalla rexistrou este venres un accidente de tráfico. No mesmo víronse implicado un autobús escolar e unha furgoneta.
O 112 Galicia recibiu aviso da Policía Local de Melide, pasadas ás 14:30 horas. O suceso tivo lugar na pista desta parroquia que enlaza San Cibrao con Maceda. O 112 Galicia mobilizou aos axentes da Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil de Melide.
No autobús viaxaba o condutor, a cuidadora e seis menores, que son alumnos do IES Melide e que se dirixían ao seu domicilio, de feito, o accidente foi chegando ás últimas paradas. "Eu co golpe dei ca cabeza contra o asento, polo que me doe algo a nariz", conta un dos rapaces.
Pero por sorte, e a pesar do susto, non houbo que lamentar danos maiores.

Commentaires