top of page

O mundo do deporte da comarca de Melide está de loito polo pasamento de Francisco Javier Vázquez

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Melide

Foto publicada polo Melide FS nas súas redes sociais.

O mundo do deporte da comarca de Melide está de loita polo pasamento este venres de Francisco Javier Vázquez Graña aos 68 anos.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

"Hoxe é un día triste para o deporte da comarca melidense, e máis profundamente para o FÚTBOL SALA DE MELIDE, debido ao falecemento de Javier, o noso presidente, e persoa que tanto tempo dedicou nos últimos anos ao Futsal de Melide.


Estamos organizando a mellor maneira de recordalo en cada partido que celebraremos esta fin de semana, xa que lamentablemente, chegamos tarde á homenaxe en vida que merecía. De todas maneiras, recordarémolo como máis lle gustaba a el, xogando ao fútbol sala, e levando aos pabellóns a ilusión, a forza e as ganas que el trasmitiu ata o último momento a esta escola de deporte.


Gracias, Javier, sempre no noso equipo. O máis sentido pésame a María e demais familia", lamenta o Melide F.S. a través das súas redes sociais.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

O acto civil de despedida sera hoxe, sábado día 21, ás 19:00 horas na capela do tanatorio El Mueble de Melide e posteriormente, será incinerado na intimidade familiar.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

E a misa de cinzas será mañá, domingo 22, ás 10:00 horas na igrexa da parroquia melidense de Maceda.


D.E.P

0 comentarios

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page