O Movemento Veciñal Touro preséntase en público o vindeiro sábado 25
- ecosdacomarca

- 20 mar 2023
- 1 Min. de lectura
O partido independente liderado polo concelleiro Roberto Castro Rocamonde optará á Alcaldía deste municipio
Ecos da Comarca/Touro
O Movemento Veciñal Touro preséntase en público o vindeiro sábado 25.

O partido independente liderado polo concelleiro Roberto Castro Rocamonde optará á Alcaldía deste municipio nas eleccións municipais de maio.
O sábado a partires das oito da tarde presentarán o seu proxecto de goberno no local que teñen en fronte ao supermercado Luís en Fonte Díaz. A este acto, de libre asistencia, están convidados todos os veciños que queiran mellorar o concello.
"Presentaremos como aval todo o traballo feito durante os últimos catro anos que supuxo unha auténtica revolución para o concello e que puxo as bases dun proxecto claro e solvente para cambiar o concello na vindeira lexislatura", recalcan








Comentarios