top of page

O Movemento Veciñal Touro impulsará o deporte no municipio

Entre as proposta figura poñer en marcha a I Festa do Deporte de Touro


Ecos da Comarca/Touro

O Movemento Veciñal Touro sinala que impulsará o deporte no municipio. "En Touro cada vez hai menos posibilidades para a práctica deportiva. Poñeremos en marcha diversas escolas deportivas para que os cativos teñan unha maior oferta (baloncesto, atletismo...) e celebraremos a I Festa do Deporte de Touro na que a veciñanza poderá probar múltiples modalidades (ciclismo, tenis de mesa, loita, minigolf, kaiak...) ao mesmo tempo que recoñeceremos a labor das nosas e nosos deportistas. Impulsaremos axudas para apoiar a deportistas/clubes do noso concello".

Así mesmo, indica que "melloraremos as infraestruturas deportivas coa ampliación e modernización do ximnasio municipal e a creación dunha pista de pádel. O ximnasio contará cun horario amplo que evite que a veciñanza teña que desprazarse a concellos veciños". Ademais, engade que "dixitalizaremos as infraestruturas deportivas para que se poida acceder sen depender de persoal que as atenda (acceso cun código de reserva xenerado nunha web), mellorando os seus horarios de apertura".

Por último, indica que o persoal técnico do Concello poñerase a disposición das agrupacións deportivas (fútbol, atletismo, escudería...) para axudarlle nas xestións administrativas e para a organización de competicións/actividades.

0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page