top of page

O Movemento Veciñal demanda a posta en marcha de escolas deportivas en Touro de "xeito inmediato"

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Touro

O Movemento Veciñal demanda a posta en marcha de escolas deportivas en Touro "de xeito inmediato". O principal grupo da oposición en Touro denuncia "que a localidade é a única da contorna que non conta con escolas deportivas, nin para a poboación en idade escolar nin para adultos".

Recalca que "mentres os concellos veciños anuncian actividades como zumba, baile moderno, ximnasia rítmica, atletismo, baloncesto e un longo etcétera, en Touro non hai noticias nin se esperan. O Movemento Veciñal tivo coñecemento de que algúns veciños xa se anotaron en actividades en concellos veciños dada a inexistencia das mesmas na localidade. Todo isto a pesares de que en Touro a concelleira Adela Iglesias ten adicación á área de deportes a media xornada cun gasto que supera os 30.000 euros".

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Adiante que no vindeiro pleno levará unha proposta para que o goberno "dé marcha atrás e cumpra coas súas competencias. De acordo coa lei de bases de réxime local no seu artigo 25 entre as competencias propias do concello está a de promoción do deporte e instalacións deportivas e de ocupación do tempo libre".

0 comentarios

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page