Ecos da Comarca/Touro
Dende a chegada á Corporación Municipal o Movemento Veciñal leva presentadas varias propostas para que o concello de Touro contase cun punto limpo. "Atopándose sempre co voto en contra do goberno municipal que esgrimía que non facía falta tal e como se pode ver nos vídeos dos plenos. Mentres os concellos veciños contan cun punto limpo dende fai máis de dez anos Touro segue a caracer del", recrimina esta formación.
Así mesmo, lembra que a "Unión Europea sacou unha liña de subvencións e adxudicoulle a Touro o importe para facer un dándonos a razón en que é un servizo básico. A realidade é que por culpa do Concello e da Xunta de Galicia este proxecto non estará operativo antes de 2025 como mínimo, e como todos sabemos co goberno actual non hai garantías de que saia adiante xa que non é a primeira vez que lle retiran subvencións por supostas irregularidades que máis cedo que tarde acabarán con responsabilidades políticas e administrativas. Dende o partido veciñal e co apoio da veciñanza faremos realidade o proxecto do punto limpo e darémoslle resposta á necesidade da xestión responsable dos residuos dende o día 1", recalca.
Comments