top of page

O Movemento Veciñal de Touro promete a creación dun centro de día e a mellora do SAF e da mobilidade

Ecos da Comarca/Touro

O Movemento Veciñal de Touro plantexa distintas propostas pensadas para os maiores como un centro de día ou a mellora do servizo do SAF e da mobilidade.

"As nosas persoas maiores teñen dereito a espazos de reunión máis habitables que as marquesiñas do autobús. O Movemento Veciñal comprométese a crear un centro de día con transporte adaptado para o que procuraremos apoio noutras administracións. Melloraremos o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) mediante a súa municipalización prestando un servizo máis eficiente. Isto traducirase en mellor organización do traballo para que os nosos maiores non padezan cambios de auxiliar cada pouco tempo; mellora de condicións laborais das traballadoras; xestión eficiente do traballo burocrático coa axilización de novas altas e uns plans de intervención transparentes e adaptados á realidade do usuario".

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

Así mesmo, a formación sinala que "implantaremos un BonoTaxi para facilitar a mobilidade dos nosos maiores á hora de recibir atención sanitaria no centro de saúde, realizar compras e levar a cabo xestións administrativas".

Комментарии


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page