top of page
Foto del escritorecosdacomarca

O Movemento Veciñal de Touro denuncia "o abandono do municipio e as oportunidades perdidas"

Lamenta que o Concello "perda a subvención da Deputación para Turismo do ano 2023"


Ecos da Comarca/Touro

O Movemento Veciñal de Touro denuncia "o abandono do concello e as oportunidades perdidas na última lexislatura". Asegura que o Concello "perde a subvencións da Deputación para Turismo do ano 2023".

"A Deputación da Coruña denega a Touro a subvención para financiamento do gasto de persoal das oficinas de turismo para o ano 2023. No pasado ano 2022, Touro tamén perdeu unha subvención similar por non dar contratado o persoal e non cumprir co que solicitou á Deputación", indica o partido.

Esta perda de recursos para o Concello, engade, "é consecuencia da incapacidade do concello para levar adiante as xestións básicas. Esta situación supón un mazazo para a dinamización do sector turístico no concello como actividade económica. Un sector que ten un potencial en Touro (ca ruta EuroVelo3, a Ramal Histórico do Camiño de Santiago, o campamento romano do Castrillón ou as rutas de sendeirismo) vese agora novamente dificultado pola perda de financiamento. Outra oportunidade perdida para Touro", recalca.


Máis información da resolución desta subvención no enlace: https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2023/05/23/2023_0000004044.pdf



0 comentarios

Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page