top of page

O Movemento Veciñal de Touro denuncia "o abandono das rutas de sendeirismo no municipio"

Ecos da Comarca/Touro

O Movemento Veciñal de Touro levou unha proposta a pleno para implementar un plan anual de mantemento das rutas de sendeirismo e dos camiños públicos que "foi rexeitado pola totalidade do goberno municipal. Meses despois desta iniciativa, e en pleno verán, múltiples tramos das rutas atópanse abandonados e intransitables", lamenta esta formación.

En concreto destaca "a situación da PR G 233 Fervenza das Hortas- Desembocadura do Río Lañas e a PR G 121 Ruta dos Tres Ríos. Isto provoca unha situación de perigo para os sendeiristas que atopan dificultades para seguir o camiño correcto, ao que se suman graves fallos en materia de seguridade con escalóns a altura nun estado deficiente ou pasarelas ao carón do río sen unha mínima seguridade. Todo isto nunha ubicación alonxada dos núcleos de poboación na que os medios de emerxencia terían dificultades para actuar".

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

O grupo veciñal subliña "a mala imaxe que proxecta do noso concello por esta situación" e solicita que se arranxe antes de que suceda algo. Do mesmo xeito afirman "que en nove meses, data na que se celebrarán as eleccións municipais, o Movemento Veciñal conta con obter o apoio da veciñanza para poder dar solución ás múltiples problemáticas do concello dende un goberno competente e responsable".

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page