A Diocese de Lugo cede a edificación coa finalidade de impulsar e potenciar os recursos turísticos deste municipio de forma que contribúan á dinamización económica local
Laura Moure/Palas de Rei
O Obispado de Lugo e o Concello de Palas de Rei asinaron a cesión gratuíta do Mosteiro de Vilar de Donas, propiedade da Igrexa, para a súa rehabilitación. Este xoves o Señor Obispo, Alfonso Carrasco Rouco, e o alcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada, asinaron o mencionado convenio de cesión para que o Concello de Palas de Rei poida acometer a rehabilitación integral do mencionado inmoble, situado na parroquia de San Salvador de Vilar de Donas e que se encontra, actualmente, nun mal estado de conservación.
![](https://static.wixstatic.com/media/0216be_0dc56eb0593e40cd92412550044e294d~mv2.jpg/v1/fill/w_980,h_735,al_c,q_85,usm_0.66_1.00_0.01,enc_auto/0216be_0dc56eb0593e40cd92412550044e294d~mv2.jpg)
En dita cesión, que inclúe as edificacións e anexos que rodean ó mosteiro, así como, a finca circundante, a Diocese de Lugo cede a edificación coa finalidade de impulsar e potenciar os recursos turísticos do concello de Palas de Rei e de forma que contribúan á dinamización económica do municipio palense, declarado de Interese Turístico.
As actuacións que se realicen neste inmoble serán sempre dacordo coa moral e principios da igrexa católica, segundo establece o convenio de cesión asinado onte. O Concello, pola súa parte, comprométese a recuperación e rehabilitación do inmoble de acordo cos termos de cesión e a posterior xestión da instalación. O alcalde, Pablo Taboada, valorou de “moi satisfactoriamente esta actuación!, así como, agradeceu ó Obispado de Lugo a súa implicación para recuperar este importante inmoble que forma parte do patrimonio histórico e cultural do municipio de Palas de Rei.
Isto, a súa vez, supón, a consecución dunha histórica demanda, xa non só dos veciños, senón que tamén, dos múltiples visitantes cos que conta Vilar de Donas. Cómpre sinalar tamén, que este mosteiro foi incluído dentro do Plan de actuacións do Ministerio para a Transición Ecolóxica para o Plan Xacobeo 2021-22. E segundo sinala Pablo Taboada, “xa conta con asignación no P.G.E.” . Neste sentido, o rexedor palense ten previsto reunirse de inmediato coa Directora Xeral de Patrimonio, María del Carmen Martínez Insua, e coa Directora de Turismo, Nava Castro, para analizar posibles vías de colaboración de cara a rehabilitación deste inmoble.
O alcalde tamén agradece o texido asociativo local, a súa implicación e colaboración pola recuperación deste destacado elemento patrimonial, histórico e cultural co que conta Palas de Rei.
Cabe mencionar que esta semana en ECOS DA COMARCA sacamos unha reportaxe sobre a historia deste enclave e na que hai unha colección de fotos. Podedes velo no seguinte enlace:
Comments