No 1154 Guntroda Suárez dona os terreos para a súa contrución, unha práctica estendida entre as grandes señoras feudais, que unha vez viúvas, se retiraban aos mosteiros fundados por elas
Laura Moure/IsmaelRS/Dozón
O Mosteiro de San Pedro de Vilanova atópase no municipio de Dozón e de aí o nome do lugar onde se atopa, na parroquia de Santa María de Dozón. Xunto ao mesmo hai un camiño empedrado que pon de relevo a monumentalidade deste templo, cuxas pegadas son visibles hoxe en día nos muros dalgunhas casas do lugar, posto que aproveitaron a pedra do desaparecido cenobio.
É no 1154 cando Guntroda Suárez, señora feudal, decide doar os terreos para a súa contrución e dotación de propiedades para a súa subsistencia, unha práctica estendida na sociedade feudal, pola que as grandes señoras feudais unha vez viúvas, se retiraban aos mosteiros fundados por elas para pasar o resto dos seus días. Así mesmo, aparece recollido no muro da ábsida, onde aparece o nome como a data de fundación deste cenonio bieito feminino.
O poder que acadou o Mosteiro queda manifesto na prolongación de adquisición de propiedades pola Xeografía Galego e no mesmo concello actual, posto que lle foi concedida a catalogación de Coto Real no 1173, e dita condición do Concello estaba administrada polo Mosteiro. Independentemente ata o 1499, pasa a depender do compostelán San Paio de Antealtares, lugar a onde se transladaron as súas monxas, e quedando como testemuña a igrexa, posto que o mosteiro perdeuse tralo seu abandono coa desamortización do século XIX.
A nave
A ábsida da nave está formada por cinco tramos separados por columnas con capiteis vexetais, que presentan cadansía fiestra adornada con arquivoltas e arcos de medio punto. A central é a máis decorada, presentando aberturas con dous rosetóns, mentres que as outras ventás están tapadas. O interior da nave está espido, presentado un presbiterio máis elevado ao que accede baixo un arco apuntado, adornado tamén con decoración vexetal coma no seu exterior.
Destaca a conservación do campanario románico, posto que era frecuente que fose derribado nas tormentas ao longo dos anos. Do mesmo xeito, a colocación deste chama a atención posto que no lugar de estar na fachada principal, a occidental, atópase na parte norte, destacando tamén a profusa decoración exterior que non se atoà en todas as construcións deste estilo no chan galego.
Futura reforma
O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, anunciou, nunha visita o pasado xaneiro a este cenobio, que a Xunta levará a cabo unha reforma do mesmo. O goberno galego prevé destinar 160.000 euros a esta restauración, que permitirá resolver os problemas de humidade e tamén está previsto a limpieza das fachadas, coidando os elementos escultóricos románicos. Tamén se inclúe a revisión integral da cuberta, así como a substitución dos elementos interiores e da carpintería exterior en mal estado.
Autor: Ecos da Comarca.
Comments