top of page

O Mosteiro de Carboeiro recibiu máis de 4.000 visitantes nos dous últimos meses

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Este xoves non se cobrará entrada, con motivo da festividade de San Lourenzo


Laura Moure/Silleda

O Mosteiro de Carboeiro, en Silleda, segue reafirmándose coma o buque insignia do turismo na comarca de Deza, cun progresivo aumento das visitas, en continuo ascenso cada mes. Así, segundo os datos recabados polos guías que atenden o mosteiro, no pasado mes de xullo achegáronse ata este enclave patrimonial un total de 2.173 persoas en comparación coas 1.575 en xullo do ano pasado. En xuño foron 1.992 visitas; en maio, 1.156; e en abril, 1.522. Estas cifras demostran a tendencia alcista de Carboeiro, sendo un dos lugares máis visitados da comarca.


Publicidade

Preme na imaxe se queres obter máis información do evento.

Cabe recordar tamén que a entrada ao Mosteiro de Carboeiro volverá a ser gratuíta na xornada deste xoves día 10, festividade de San Lourenzo, patrón do cenobio. Así o recolle a ordenanza que regula o acceso ao mosteiro, xunto coas xornadas do 18 de maio (Día Internacional dos Museos) e o 25 de xullo (Día de Galicia). O horario de verán (meses de xullo e agosto) é de luns a domingo de 11:00 a 14:30 e de 16:30 a 20:00 horas.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page