top of page

O mosteiro de Carboeiro de Silleda recibiu nos dous últimos meses a máis de 1.300 persoas

A boa climatoloxía aumentou considerablemente o número de entradas respecto aos anos anteriores


Laura Moure/Silleda

O mosteiro de Carboeiro de Silleda iniciou o presente exercicio con récord absoluto de visitas. Así, en xaneiro, que adoita ser un dos meses de menor afluenza de visitantes, acadaronse este ano un total de 694 entradas, unha cifra inusual para primeiros de ano alentada con toda probabilidade polas boas condicións climatolóxicas. En 2021 só

accederan ao mosteiro 64 persoas. Tamén febreiro rematou con cifras altas para esta época do ano, superando igualmente as 600 visitas, cun total de 639 entradas, mentres que no ano anterior foran tan só 134.

Así, dende o inicio do ano accederon ao interior do mosteiro un total de 1.333 persoas, o que augura ademais un aumento de visitas no cómputo anual.


En canto ao perfil dos visitantes, segue a liña dos últimos meses, sendo a maioría mulleres con idades comprendidas entre os 35 e os 65 anos que xa coñecían o mosteiro e se achegaron de novo coa familia. Aínda que a maoría das visitas chegaron no su propio vehículo, o 14% dos visitantes do mes de febreiro fixérono a través do sendeiro do Deza, que une Carboeiro ca Fervenza do Toxa, animados tamén polo bo tempo.

A maioría das visitas continúan sendo de galegos e galegas (91%), a maior parte das provincias de Pontevedra e A Coruña. Non obstante tamén se rexistrou un aumento de visitantes do resto do Estado (Madrid e Andalucía, entre outros), así como visitantes de distintos países.


Probas Celga

Por outra banda, o Concello de Silleda informa sobre a convocatoria de probas Celga dos niveis 1, 2, 3, e 4 para este ano 2022. As probas realizaránse nos meses de maio en xuño en Santiago de Compostela (nos 4 niveis) e en Ponferrada (Celga 2, 3 e 4).


O prazo de presentación de solicitudes empeza o 19 de marzo e remata o vindeiro 8 de abril. As taxas de dereito a examen son de 16,92 euros. No departamento municipal de Educación, no Centro Social de Silleda ou ben a través do teléfono 986 592 037, ofrécese información e mesmo se tramitan as inscricións para as persoas que o precisen.

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page