O mosteiro de Carboeiro de Silleda recibiu máis de 3.500 visitas nos últimos dous meses
- Laura Moure
- 15 ago 2024
- 2 Min. de lectura
O cenobio románico, cun entorno único, continúa aberto todos os días durante o verán
Laura Moure/Silleda
O mosteiro de Carboeiro de Silleda recibiu máis de 3.500 visitas durante os meses de xuño e xullo. Con respecto a anos anteriores, a cifra reduciuse no mes de xullo, probablemente debido ao tempo desapacible da primeira quincena, se ben o número de persoas que se está a achegar ata o mosteiro segue a aumentar nas últimas semanas.

No mes de xuño achegáronse ata o mosteiro un total de 1.737 persoas e en xullo foron 1.810 as entradas rexistradas para visitar a gran xoia do románico oxival en Galicia.
Se ben no mes de xuño a procedencia das persoas foi moi variada, a porcentaxe máis alta foi a de persoas galegas (70%), seguido de outras comunidades como Valencia. Do extranxeiro achegáronse case medio centenar de visitas procedentes de lugares como Portugal, Alemaña, Inglaterra ou Francia.
Publicidade
En canto ao mes de xullo, modificouse a procedencia, sendo a porcentaxe máis alta (47%) a de persoas españolas non galegas (houbo máis de 700 visitantes procedentes sobre todo da Comunidade de Madrid e Andalucía). No tocante ás persoas galegas (44%). Do extranxeiro achegáronse mais de 150 visitas procedentes de lugares moi dispares como USA, México, Indonesia, Alemaña, Inglaterra, Francia...
Aberto todos os días
O monumento segue a aplicar o horario de verán, con apertura ao público todos os días en horario de 11:00 a 14:30 e de 16:30 a 20:00 horas. Esta ampliación realizase grazas á incorporación dun segundo guía turístico a través do programa Info Rías Baixas da Deputación de Pontevedra.
Publicidade
Ca ampliación de personal, grazas á subvención da entidade provincial a través da Rede Info Rías Baixas (mediante contrato a empresa, modalidade establecida nas bases da axuda) o mosteiro reforza un ano máis a atención no mosteiro, onde se ubica tamén o Punto de Información Turística do municipio de Silleda.
Comments