O mosteiro de Carboeiro de Silleda pechará ao público dende hoxe ata o día de Reis
- ecosdacomarca

- 24 dic 2022
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Silleda

O mosteiro de Carboeiro de Silleda estará pechado ao público dende hoxe, 24 de decembro, día de Noiteboa, e ata o vindeiro día de Reis. Deste xeito o cenobio románico, que xa viña pechando nos últimos anos nestas datas festivas sinaladas, aproveitarase para realizar actuacións de mantemento, así como para a gravación de traballos audiovisuais de
promoción deste espazo histórico único.
O mosteiro reabrirá no horario habitual de inverno de 11:00 a 14:30 e de 15:30 a 18:00 horas o vindeiro venres día 6 de xaneiro.







Comentarios