top of page

O mosteiro de Carboeiro de Silleda estará pechado varias xornadas festivas durante o Nadal

Laura Moure/Silleda

O mosteiro de Carboeiro estará pechado ao público mañá venres 24 e o sábado 25. Tampouco abrirá ao público nas xornadas do 31 de decembro e os días 1 e 6 de xaneiro. Trátase de xornadas festivas nas que non acostruma haber visitas e que se aproveitarán para dar descanso ao personal que atende o mosteiro, tal e como indica o Concello.

Por outra banda, lembrar que hoxe, venres, Papá Noel estará visitando os comercios de Silleda e da Bandeira. E o sábado está previsto o desfile de Papá Noel na Bandeira (saída prevista ás 17:30 horas dende a praza Vales Mahía) e recepción no Centro Cultural Vista Alegre. En caso de que as condicions meteorolóxicas non o permitan, só se fará a recepción, cas medidas de prevención oportunas.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page