top of page

O mosteiro de Carboeiro de Silleda batiu este ano novo récord do mes de xullo

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Ata o de agora, as estatísticas correspondentes a este mes nunca acadaran a cifra lograda o mes pasado, con 2.398 entradas


Laura Moure/Silleda

O Mosteiro de Carboeiro volve a batir un récordd e visitantes. "Porén, non podemos dicir que o mes de xullo de 2021 acadara a mellor cifra rexistrada ata o momento en xeral, pero si a mellor cifra rexistrada nos meses de xullo. Ata o mes pasado, o 2018 era o que lograra a maior cantidade de visitas con 2292 persoas. Non obstante, neste 2021, o mes pasado pechou con outra cifra mensual de récord; 2398 visitas", indica o Concello.


En canto ao perfil turístico, volve a repetirse como vén pasando anteriormente mes a mes: tantas mulleres como homes de entre 35 e 65 anos que se achegan coas súas familias (55%) e no seu vehículo (93%) ata Carboeiro. 


En canto a procedencia, debemos facer fincapé no cambio de orixe en relación ao ano pasado, cando debido ás restriccións impostas só podían visitar o Mosteiro persoas da comunidade galega.

"Por tanto, este ano, pódese falar dunha melloría, pois todas as cifras recadadas nos levan a anos posteriores á pandemia. A prodecencia maioritaria segue a ser Galicia por proximidade (60%), e como ven sendo habitual Pontevedra e A Coruña as provincias das que proviñan a maioría das visitas, máis concretamente as grandes cidades de Santiago de Compostela (175 pax.), A Coruña (170 pax.) e Vigo (151 pax.)".


Aínda así, os datos que fan pensar nesa melloría de visitas, é a procedencia de fóra da comunidade galega; por un lado as visitas procedentes do resto do territorio español (35%) e por outro, as procedentes do resto do mundo (5%). Puntualizando un pouco máis

nestos datos, sobre unhas 840 persoas procedían de fóra de Galicia pero de dentro do país; sendo as Comunidades de Madrid (224 pax.) e Andalucía (178 pax.) das que máis visitas viñeron.


No tocante ao resto do mundo, máis dun centenar de persoas (117 pax.) visitaron o Mosteiro, procedentes de lugares tales como República Checa, Italia, Holanda, Reino

Unido, EEUU, México, Suiza, ... 

“Este novo récord do mes de xullo non só segue a confirmar o mosteiro e o seu entorno como un dos lugares máis visitados da comarca, senón tamén a compensar o volumen anual de visitas, xa que este ano o mosteiro tamén volveu estar pechado durante varios meses por mor das restriccións aplicadas pola Covid”, explica a concelleira de Turismo,

Mónica González. Esta cifra récord de xullo súmase aos bos balances de maio e xuño, cun total de 1.105 e 1.182 visitas respectivamente


Actuacións culturais

Así mesmo, Carboeiro tamén está a ser sede de distintas actividades culturais. Este ano o recinto de Exposicións completouse ca mostra “Trasdeza pinta o Camiño”, con pinturas de autores e autoras silledenses, dentro do proxecto patrocinado polo Xacobeo.


Tamén se celebraron nas últimas semanas varias sesións do curso de verán Tamara Brooks, con dous concertos abertos ao público e unha sesión con Títeres Cachirulo.


No mes de setembro, o día 11 o ciclo Música no Ar da Deputación traerá a actuación da soprano Beatriz Cuevas e o pianista Brais González e o 12 rematará no mosteiro e o seu entorno o ciclo Monumenta, do Xacobeo, cun roteiro guiado e accións poéticas.

0 comentarios

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page