O edificio estará aberto ao público ata as sete da tarde, aplicándose o calendario de primavera, que se manterá ata o verán
O mosteiro de Carboeiro.
Laura Moure/Silleda
O mosteiro de Carboeiro, en Silleda, mudará o seu horario de apertura dende pasado mañá venres, día 5 de marzo. Así, e en virtude do establecido nos últimos anos polo departamento municipal de Turismo, o edificio abrirá as súas portas ao público en horario de 11:00 a 14:30 e polas tardes de 16:30 a 19:00 horas, de mércores a domingo.
Deste xeito, e tendo en conta o aumento de horas de luz que xa se ven experimentanto nas últimas semanas, amplíase unha hora máis a apertura do cenobio polas tardes, tal e como informa o Concello. Este horario de primavera aplicarase, de mércores a domingo, durante os meses de marzo, abril, maio e xuño, ampliándose novamente en xullo co horario de verán (cando estará aberto ao público ata as 20:30 horas). O luns e o martes, cómo vén sendo habitual, o mosteiro estará pechado ao público.
Comments