Bateu récord de visitas o pasado setembro con 1.705 entradas, a cifra máis alta nun mes similar dende a última década
Laura Moure/Silleda
O mosteiro de Carboeiro de Silleda aplica dende esta fin de semana semana o horario de inverno con novos axustes. Así, e tendo en conta o remate do contrato dunha das persoas que exerceu como guía dende o mes de xullo e o descenso de visitas nos meses de
inverno, así coma as horas de luz, o mosteiro mudará de horario a partir deste domingo e ata a primaveira.

O acceso ao edificio estará pechado nas xornadas de luns e martes, abrindo de mércores a domingo en horario de 11:00 a 14:30 e pola tarde de 15:30 a 18:00 horas. Este horario manterase nos vindeiros meses tratando de ampliar as xornadas de visita cando o permitan as posibilidades de contar con personal de reforzo para facer turnos de atención e tamén cando se aplique o cambio horario de cara á primavera. Xa este domingo día 31 o horario de apertura será ata as 18:00 horas.
O mosteiro de Carboeiro bateu récord de visitas o pasado mes de setembro con 1.705 entradas, a cifra máis alta nun mes similar dende a última década.
Comentários