top of page

O Mosteiro de Carboeiro, de Silleda, aberto todos os días ata setembro

Laura Moure/Silleda

O mosteiro de Carboeiro, en Silleda, aplicará ata finais de setembro o horario de verán. Así abrirá todos os días durante este verán, de luns a domingo en horario de 11:00 a 14:30 e de 16:30 a 20:00 horas. Este calendario manterase durante os meses de xullo, agosto e setembro. A época estival coincide ademais co maior número de visitantes do cenobio e do seu entorno que nos últimos anos se vén situando en torno ás 20.000 entradas anuais.

No mosteiro atópase tamén o Punto de Información Turística da Rede Info Rías Baixas.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

1637 visitas en xuño

Por outra banda, o pasado mes de xuño accederon a este edificio histórico, declarado Ben de Interese Cultura, un total de 1.637 persoas. O perfil turístico deste mes corresponden a unha maioría de mulleres, de entre 35 e 65 anos, que se achegaron no seu vehículo particular e coa familia ata o antigo cenobio despois de facer unha busca na rede e atopar dito monumento.


Ademais, tamén houbo unha pequena porcentaxe (7%) de visitas que chegou a pé, pois viñeron paseando dende o Balneario de Brea ou decidiron facer o Sendeiro do Deza que comunica a Fervenza da Toxa co Mosteiro.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

No tocante á orixe, a procedencia das visitas foi moi variada, como soe ser habitual. A porcentaxe máis alta foi a de persoas galegas (82%), as cales pertencían na súa maioría ás provincias de Pontevedra e A Coruña, e máis concretamente á cidade de Santiago de Compostela (130 pax). Por outro lado, as visitas procedentes de España (non galegas) foron mais de 200, sendo maioría da Comunidade de Castela e León. Finalmente, do extranxeiro achegáronse 62 persoas procedentes de lugares como Italia, Venezuela, Holanda, Paises Baixos, Arxentina, USA ou Francia, entre outros moitos.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page