top of page

O mosteiro de Carboeiro contará con entrada libre este domingo polo día dos Museos

O horario de apertura é de 11:00 a 14:30 e de 16:30 a 19:00 horas


Laura Moure/Silleda

O mosteiro de Carboeiro contará con xornada de portas abertas este domingo día 17, coincidindo co Día Internacional dos Museos, que se ben se conmemora o luns 18, se adianta á xornada dominical ao estar pechado o centro o luns. A ordenanza que regula as taxas de acceso ao edificio patrimonial recolle que non se cobrará entrada nesta xornadas así coma o 25 de xullo, Día de Galicia, e o 10 de agosto, festividade de San Lourenzo, a quen está adicado o templo.

O horario de visita ao mosteiro a día de hoxe, ata a entrada en vigor do estival, é de 11:00 a 14:30 e de 16:30 a 19:00 horas, de mércores a dimingo. En canto se incorpore a nova persoa que se contratará como guía turístico a través da subvención da Deputación de Pontevedra (para atención do Punto de Información da Rede Info Rías Baixas), aplicarase o horario de verán con apertura ata máis tarde.


Máis de 1.600 visitas en abril

Por outra banda, o mosteiro de Carboeiro recibiu unha un total de 1.630 visitas o pasado mes de abril, unha cifra moi boa que segue a confirmar o mosteiro e o seu entorno como un dos enclaves con máis visitas do interior da provincia. O perfil turístico caracterízase por ter unha maioría de mulleres de entre 35 e 65 anos que se achegaron no seu vehículo particular e coa familia ata o antigo cenobio, despois de facer unha busca na rede e atopar dito monumento.

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

Ademais, tamén houbo unha pequena porcentaxe (9%) de visitas que chegou a pé, pois viñeron paseando polo Sendeiro do Deza, que comunica a Fervenza da Toxa co Mosteiro, ou dende o Balneario situado ó outro lado do río. En canto á orixe, a maioría foi de procedencia galega (78%), sendo en gran parte das provincias de Pontevedra e A Coruña, e se concretáramos un pouco mais das grandes cidades como Santiago de Compostela (188 pax) e Vigo (164 pax). No tocante ó resto de España (264 pax), Madrid foi a comunidade de onde procedían a maioría dos e das turistas. Finalmente, do extranxeiro (77 pax) visitaron Carboeiro persoas procedentes de lugares como Arxentina, Holanda, Italia, Portugal, India, Francia ou México entre outros.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

O mosteiro batiu ademais récord esta Semana Santa, recibindo a preto de 700 persoas durante as xornadas festivas.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page