top of page
Foto del escritorLaura Moure

O Mosteiro de Carboeiro aplica dende o luns o horario de verán

Ampliase o tempo de apertura do edificio ao incorporarse a nova guía do Punto de Información Turística, contratada a través do programa Info Rías Baixas da Deputación


Laura Moure/Silleda

O mosteiro de Carboeiro aplicará dende este luns día 14 o horario de verán coincidindo tamén coa incorporación da nova guía turística a través do programa Info Rías Baixas da Deputación de Pontevedra. Así o mosteiro abrirá todos os días durante este verán, de luns a domingo en horario de 11:00 a 14:30 e de 16:30 a 20:00 horas. Este calendario manterase durante os meses de xullo e agosto. A época estival coincide ademais co maior número de visitantes do mosteiro e do seu entorno que nos últimos anos se vén situando en torno ás 20.000 entradas anuais.

O mosteiro de Carboeiro.

Coa incorporación de Silvia Ferreiro, nova guía do mosteiro, reforzase así a atención no mosteiro, onde se ubica ademais o Punto de Información Turísica do municipio de Silleda. Xa este luns o mosteiro estará aberto no horario de verán.


Así mesmo, dende o vindeiro día 21 deste mes, as dependencias monacais acollerán a mostra de pintura Trasdeza pinta O Camiño, sendo Carboeiro a última parada desta exposición intinerante con creacións de artistas plásticos silledenses. Poderá verse ata o 25 de xullo, día de Galicia, unha xornada na que ademais a entrada ao mosteiro será gratuíta.


Por outra banda, dende a Concellería de Cultura está a ultimarse a programación cultural de verán que un ano máis contará con actuacións neste enclave histórico e patrimonial.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page