top of page

O Mosteiro de Carboeiro acolle o sábado un concerto de coro e orquestrado 33 curso 'Tamara Brooks'

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Ofrecerá un amplo repertorio con música de diferentes épocas e estilos


Laura Moure/Silleda

Este sábado día 6 a música clásica volta á igrexa do Mosteiro de Carboeiro, en Silleda. A cita enmárcase dentro do prestixioso curso de verán “Tamara Brooks” que se está a celebrar dende o pasado día 29 de xullo na localidade pontevedresa de Tui. O concerto de música clásica reunirá a preto de medio centenar de alumnos/as e profesores do 33 Curso de Verán de Dirección, Canto, Coro e Orquestra. A cita será ás 19:00 horas, con entrada de balde.

Este curso de verán, que dende 2016 toma o nome da prestixiosa directora de orquestra estadounidense falecida en 2012, conta nesta trixésimo terceira edición coa participación de destacados profesores e profesoras.

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

Así están presentes Julio Domínguez, director do coro de música clásica Camerata ad Libitum, que organiza este curso, Eduardo G. Novelli, responsable de estudios corais da prestixiosa Universidade de Kansas; Alexandra Tarniceru, Carmen Subrido, Juan Abalde; Gloria Novoa, Arabel Moráguez, a pianista Rosa Biveineine ou Vitor Lima, enter outros. “Unha vez máis o mosteiro de Carboeiro e a súa beleza volverán a fundirse coa música clásica grazas a este concerto”, sinala a concelleira de Cultura e Turismo Mónica González, que agradece aos organizadores do curso que elixiran o mosteiro silledense un ano máis para un dos seus concertos deste ano.


Dende o Concello convídase tanto ás formacións musicais e corais coma aos veciños en xeral a asistir a este concerto, “no que contaremos coa presenza de destacados músicos e directores”, engade.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page