O Mosteiro de Carboeiro abrirá todos os días ao público dende o luns
- Laura Moure
- 30 jun 2024
- 1 Min. de lectura
Incorporarse o novo guía do Punto de Información Turística, contratado a través do programa Info Rías Baixas da Deputación de Pontevedra
Laura Moure/Silleda

O mosteiro de Carboeiro de Silleda aplicará dende mañá, luns día 1 de xullo, o horario de verán coincidindo tamén coa incorporación do novo guía turístico a través do programa Info Rías Baixas da Deputación de Pontevedra.
Publicidade
Así o mosteiro abrirá todos os días durante este verán, de luns a domingo en horario de 11:00 a 14:30 e de 16:30 a 20:00 horas. Este calendario manterase durante os meses de xullo, agosto e setembro. A época estival coincide ademais co maior número de visitantes do mosteiro e do seu entorno que nos últimos anos se vén situando en torno ás 20.000 entradas anuais.
Publicidade
Ca ampliación de personal, grazas á subvención da Deputación de Pontevedra a través da Rede Info Rías Baixas (mediante contrato a empresa, modalidade establecida nas bases da axuda) o mosteiro reforza un ano máis a atención no mosteiro, onde se ubica tamén o Punto de Información Turística do municipio de Silleda.
Comments